/ / ..Pequena presentación

..Pequena presentación

..é unha tenda familiar. Porque saeu así dun proxeco da casa, de xentiña que traballa o campo, que cociña, que gusta de saber que come, de onde ben e sobretodo, que valoramos que todo o mundo teña acceso a bos alimentos a precios asequibles.
Un 16 de Xaneiro, chovendo a chuzos, abrimos físicamente este proxecto que leva o nome da Lela, polas abuelas, polas nosas, polas que traballaron coas máns e valoraban o da terriña, o esforzo e o mimo daquilos ben feito e sen trampa.
O que prima neste proxecto é a agricultura sostible. Sostible con medios que non danen o ecosistema, sabendo de onde veñen, respetando procesos, tempos, e achegandonos novamente a aquilo que tan ben sabían os avós..que puideras ir pola horta e comer sen medo a quedar coa boca azul.

Aquí atoparás o ves, e nada máis..frescos que chegan cada día á tenda das hortas da contorna. Froitas galegas e nacionais, de categoría extra e superior, que garante a frescura, a calidade do produto, os tipos de cultivo.
Graneis nacionais, con excepción dalgún froito seco coma o figo turco. Cunhas datas de envasado que garanten que o que comes non leva meses agardando nun almacén; puidendo coller a cantidade que precises..nin máis nin menos.
Produtos galegos, de empresas e proxectos que medran na zona nosa e algo máis aló..cunhas enerxías fermosas e potentes que sen dúbida, comparten isto de saber de onde ben, do artesano e do traballo ben feito..
E vaia…que vos invitamos de xeito virtual e físico a afondar nesta experiencia da nosa Leliña…

Saúde e moi agradecidos!!!

Comparte!

Publicaciones Similares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *