pp

A’Lela

Frutas,verduras e algo máis..

..pois iso 😉
Frutas, verduras fresquiñas porque aquí non hai espacio para cámaras de frío que mermen calidades, ou que non garantan que o artigo é fresco.
Productores? Locais, nacionais..porque se temos nas hortas da contorna, pertiño, non hai mellor selo de calidade e eco-lóxico. Pouco transporte, pouca contaminación, boa calidade
Granel? Tamén temos sí…nacional. Garbanzos, lentellas, fabiñas, arroces..Do campo galego, do campo español..de aquí vaia!
..e algo máis
Cafés tostados en Galicia, panciño de trigo, de mestellón, de molde, galletas.. Hai cousiñas moi chulas de proxectos e pequenas empresas de xente nova de Narón, de Ourense..


En xaneiro do 2019 comezamos, un xoves que chovía espeso..abrindo un proxecto que levaba tempo cocéndose a lume lento. E puxémoslle de nome A’Lela, pola Lela, a Alicia, polas avoas. Por ese traballo ben feitiño, con calma e amor. Por todo o que elas significaban..por recuperar iso de regalar o pirixel, a charla cos veciños, o compartillar receitas..a Vida sen tanta etiqueta e con máis verdades..

Por iso..quedades convidados a visitar este espacio virtual, e animávosvos a pasar pola tendiña..Ollade, comentade, preguntade..e #mercalocal !!

..Fene ten moito que ofrecer!!

Asinado. A familia de A’Lela