A empresa MAYKA fundouse en 1971 coa primeira apertura dunha zapatería na vila de Mugardos. Ao cabo de 20 anos auméntase con outra tenda de roupa de moda coas mellores marcas e un coidado produto na mesma vila. Xa en 1991, ábrese a súa expansión á vila de Fene (A Coruña). Nese momento nace MAYKA MODA pola agrupación de ambas tendas de calzado e roupa.
A súa longa traxectoria, experiencia e a súa busca constante das últimas tendencias no mundo da moda e o calzado, así como o trato cercano basado en anos de experiencia, convertiron a MAYKA MODA nunha das tendas de venda de zapatos e de moda de referencia da comarca de FERROLTERRA.
HORARIO:
Luns a venres: 10:00 – 13.30 e 17.00 – 20.30
Sábados: 10:00 – 14:00