Benvidos a pasea por Fene
A nosa rede de comercios do concello de Fene
Hoxe, martes 22 de xuño ás 12:30 h. preséntase no salón de plenos do Concello de Fene o portal PASEAPORFENE.GAL, un proxecto que pretende axudar ás empresas do noso concello a vender por internet e poder así adaptarse aos novos modelos de consumo.
Este proxecto, que conta cunha axuda da Cámara de Comercio de España, permite ás empresas e autónomos do noso concello poñer á venda os seus produtos na rede internet con toda a tecnoloxía de última xeración na venta online, ao mesmo tempo que permitirá que contemos con todas esta oferta localizada nun único punto, de tal xeito que xa non necesitaremos ir a outros portais online ou a tendas de fora do noso concello para mercar os produtos que necesitemos.
A día de hoxe xa son mais de 70 as empresas que participan no proxecto e esperamos que sexan mais as que se incorporen nos vindeiros días.
Desde a Concellería de Promoción Económica e Turismo do Concello de Fene esperamos que esta acción sirva para axudar ás nosas empresas nestes tempos de crise e nas que están a cambiar de xeito moi acelerado os hábitos de compra.
Ana Bassoa, concelleira de Promoción Económica e Turismo do Concello de Fene.