Como é o cliente dixital

Por experiencia sabes ben que o proceso de venda comeza por coñecer ao teu cliente ideal e canta máis información teñas sobre el máis doado será facerlle chegar os teus produtos ou servizos.

Podes pensar que visto un, vistos todos e que os clientes son clientes sempre, estean ao outro lado do mostrador ou ao outro lado da pantalla. Sen embargo, non sempre é así. Ou, alomenos, o cliente dixital ten unhas peculiaridades que é importante que teñas en conta para planificar a túa estratexia de venda.

Como é entón, por definición, o cliente dixital?

  • Escapa da publicidade: É desconfiado e odia que lle vendan cousas. O que busca é a autenticidade e, polo tanto, confía no que lle recomendan aqueles cos que se sinte identificado.
  • Toma a iniciativa e opina: No contorno da comunicación inventouse o termo “prosumidor” para facer referencia a esa persoa que consume contidos pero tamén os produce. Hoxe en día, o cliente dixital é un prosumidor que participa activamente e inflúe no proceso de compra doutros. Busca información, compartea e opina. Polo tanto, recomenda o que lle gusta e rechaza o que non.
  • Está ben informado: Cada vez ten ao seu alcance un número maior de información e accede a ela dunha forma sinxela. Antes de tomar unha decisión infórmase moi ben. Investiga en redes sociais e blogs, contrasta opinións e sabe perfectamente o que quere.
  • Está hiperconectado: O teléfono móbil é a súa principal vía de conexión, aínda que non a única. Sempre está conectado e comunicase en tempo real.
  • Ten o control e sábeo: Ten información e ten un amplo abano de opcións, así que o seu poder de decisión é moi amplo. E, o que é máis importante, é consciente de elo.
  • Atende a todo: Pode facer varias tarefas de forma simultánea, incluso con varios dispositivos á vez, aínda que a súa capacidade de concentración e atención é menor.
  • É moi esixente: Infórmase, busca, compara, elixe, quere un trato personalizado e non tolera os erros.
  • É impaciente: Vive conectado en tempo real, así que busca unha resposta inmediata e opcións de compra cun prazo de entrega mínimo.
  • É difícil retelo: Compara, proba e non dúbida en cambiar de marca de referencia se atopa outra que se axuste mellor ao que busca. Retelo e fidelizalo é difícil.
  • Interactúa no mundo online e offline: Ás veces, busca na rúa, no pequeno comercio de proximidade e acaba comprando por internet; outras, fai xusto o contrario.
Comparte!

Publicaciones Similares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *