Por que renunciar?

Non é moda, é unha necesidade. O comercio local, en contraste coas grandes superficies e as compras en liña, é o verdadeiro motor dos barrios e das pequenas cidades.

É posible que non poidan competir en prezos cos xigantes comerciais, pero mercar nas tendas do barrio ten moitas vantaxes:

  • Ofrece produtos de calidade, en moitos casos de orixe local.
  • Xera riqueza no barrio e estimula o emprego: anima aos novos emprendedores a crear empresas e incentiva a economía local.
  • Axuda a crear identidade de barrio ou cidade e da vida ás rúas.
  • Ofrece unha atención próxima e especializada e un trato de confianza. Porque mercas nas tendas habituais, nas de toda a vida. Coñecer á persoa que che vende un produto sempre proporciona unha maior confianza. Ademais, o trato personalizado permite tomar mellores decisións de compra.
  • Favorece o sostemento e a proximidade, porque reduce os custos de viaxe e as emisións dos medios de transporte.

Non obstante, é imposible negar que os novos modelos de consumo xiran cara a compra por internet, o que se coñece como e-commerce. Un modelo cómodo, práctico e cada vez máis seguro.

Pero por que renunciar ás vantaxes de ámbolos dous modelos? Os comercios de proximidade tamén veñen de abrazar as novas tecnoloxías para facilitar a venda e distribución dos seus produtos.

Aquí é onde “Pasear por Fene” xoga un papel fundamental tanto para eles coma para ti, que grazas á nosa plataforma de vendas en liña poderás acceder a estes produtos de alta calidade cando o necesites de forma sinxela, segura e con total confianza. A un só clic e sen sair da túa casa.

Estate moi atento ás nosas redes sociais –Facebook e Instagram– para descubrir todo o que o comercio de Fene pode ofrecerche e non perdas as mellores promocións e ofertas que os nosos comerciantes están a preparar para ti.

Comparte!

Publicaciones Similares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *